Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Salmonetes guisados e ameixas
Vimos de estar ó lado do mar e seguimos con el na mesa, cunha receita de festa.
- 3 salmonetes
- 400 grs de ameixas
- 6 dentes de allo
- 3 ramas de pirixel
- 1 cazo de caldo de peixe Knor
- 50 grs de sofrito de tomate
- 1 vaso pequeno de viño branco
- 2 ceboletas
- Fariña
- Aceite de oliva
- Sal
- Pedimos na peixería que os separen filetes e que nos poñan as cabezas e espiñas.
- Poñemos as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga) un par de horas, para que boten as areas.
- Nunha cazola, cun fondo de aceite, sofritimos as cabezas e espiñas do peixe. Mentres nun morteiro, facemos un adobo con catro allos e o pirixel. Unha vez feito incorporamos, o adobo, as espiñas e cabezas na cazola. Damos unhas voltas e deixamos que se faga uns 5 minutos.
- Pasado o tempo, engadimos o cazo de caldo, o sofrito de tomate e o vaso de viño. Deixamos reducir e engadimos unha pouca de auga. Deixamos que ferva uns 10 minutos e escoamos. Ten que quedar un caldo tirando a espeso.
- Nunha cazola ampla (vai ser a de cociñar o peixe) cun fondo de aceite, sofritimos as ceboletas e dous allos picados.
- Poñemos as ameixas nun coador e salpicamos unha pouca fariña, sacudimos ben para que chegue a todas e elimine a sobrante.
- Cando o sofrito de cebola e allo estea no seu punto, incorporamos as ameixas e un bo chorro de viño branco. En canto vaian abrindo, as imos retirando.
- Engadimos á cazola o caldo reservado e reducimos un pouco se foxe necesario.
- Poñemos os salmonetes na cazola e os guisamos uns 10 minutos. No último momento engadimos as ameixas e damos uns movementos para que se mesturen ben.
Xa me contaredes se vos mentín, cando ó principio vos falaba de un prato de festa. Un consello, poñede pan suficiente.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito