Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Mini "burguer" de queixo de cabra e mexillón en conserva
Volvemos cas conservas e sobre todo a divertirnos facendo preparacións con elas.
- Mexillóns en escabeche en conserva
- Queixo de cabra (rulo)
- Tomate
- Cebola morada
- Xamón
- Vinagre de mazá
- Sal en escamas
- Pan
As conservas, que son as nosas amigas, sempre nos van a dar moito xogo na nosa cociña. Con elas imos a preparar uns ricos aperitivos ou unha merenda cea para estas noites de verán.
Neste caso imos a xuntar mexillón en escabeche cun rico queixo de cabra, que coido que lle fai un bo contrapunto ó mexillón. As proporcións quedan da vosa man, vos escolledes cal vai a ser o sabor dominante,
Imos a darlle un toque crocante co xamón.
- Mesturamos os mexillóns co queixo, esmagando cun garfo e suavizando cun pouco de líquido da lata.
- Damos forma de mini hamburguesas e levamos á neveira para que colla corpo (o queixo volve a endurecer).
- Cortamos a cebola en plumas finas e poñemos nun bol, salgamos, botamos un golpe de vinagre e unha cullerada de auga. Deixamos que macere a cebola para darlle suavidade.
- Poñemos o xamón entre papel de cociña e levamos ó microondas. Imos dando golpes de 30 segundos (seguramente con dous ciclos xa vos vai a chegar).
- Pelamos e cortamos en rodelas o tomate.
- Damos un golpe de forno ó pan, 5 minutos a 200º partindo de frío.
- Montamos sobre o pan unha rodela de tomate, a cebola, a mestura do mexillón e queixo e o xamón crocante por riba. Poñemos a tapa e listo para a mesa.
Xa vedes, fácil, vistoso e sobre todo moi saboroso. Xa veredes como vai a gustar na vosa mesa.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito