Carme ó caldeiro en Crock Pot

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Carme ó caldeiro en Crock Pot

Ir á receita en castelán
Continuamos a probar as comidas na pota de cocción lenta.
Neste caso trátase de unha preparación que non falta en ningunha festa ou romaría de Galiza.
  • 1,600 de carne da falda con oso
  • 4 ou cinco patacas grandes
  • Unto (o tamaño de unha noz)
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal
A Carne ó caldeiro é unha desas comidas que se fan soas. Pero neste caso ó ir nunha cocción lenta, apórtalle un plus de textura, que fai que a carne se desfaga. Grazas o meu amigo Víctor O Bandullo por orientarme nos tempos, xa é un veterano.
  1. Cortamos a carne en postas
  2. Pelamos as patacas e, se son moi grandes, cortamos pola metade.
  3. Colocamos as patacas no fondo da pota e por riba as postas da carne, o unto e salgamos.
  4. Cubrimos con auga e poñemos a pota de cocción lenta 8 horas en baixa.
  5. Retiramos os restos de unto, poñemos a carne e as patacas nunha fonte de servizo e para a mesa.
  6. Foltramos o caldo da cocción e gardamos para outras preparacións.
Acompañamos a fonte de carne e patacas con pementón e aceite, para que cada un se sirva ó gusto.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
Patacas
Pementón
Ternera