Sardiñas en aceite con Crock Pot

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Sardiñas en aceite con Crock Pot

Ir á receita en castelán
Estoume a iniciar ca famosa pota que cociña en baixa temperatura.
Levo feitas tres receitas e, de momento, os resultados foron mais que bos.
  • Sardiñas (sen cabeza ni vísceras)
  • Aceite
  • Guindilla
  • Sal
Evidentemente estou a mirar receitas feitas, para ir controlando tempos, cantidades de líquidos, etc. Falando con bos amigos que a teñen e recopilando datos.
Paréceme un cacharro sensacional para a cociña, que chegues a casa e atopes o xantar feito, en temperatura y con unha gran textura, non ten prezo.
De momento esta é a terceira receita que fago, con anterioridade fixen carrilleiras e costela BBQ. Dicir que as dúas saíron fantásticas.
  1. Colocamos as sardiñas no fondo da pota. Sen poñer unhas encima de outras.
  2. Salgamos, cubrimos de aceite e engadimos a guindilla.
  3. Programamos a Crock Pot 1 hora en baixa + 1 hora función quecemento.
  4. Retiramos as sardiñas a un recipiente axeitado e cubrimos co aceite.
Temos listas as sardiñas, para engadir a eses pratos de verao, ensaladas, tostas, etc, que tanto nos gustan disfrutar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Crock Pot
Sardiñas