Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Suprema de pescada sobre prebe de mostaza e sofrito de tomate seco e abelá
Dado que o que temos é tempo, imos a preparar un prato un pouco mais "de domingo".
Imos a facer unha pescada que vai a ter unha boa cantidade de matices.
- 4 supremas de pescada
- 1 cullerada de fariña
- 1 cullerada de mostaza antiga
- 2 vasos de leite (aprox)
- 1 cullerada de abelás
- 10 tomates secos
- Media cebola
- 1 dente de allo
- Aceite de oliva
- Sal
Nesta receita imos a usar mostaza, pero posiblemente a de menos uso nas nosas cociñas: á antiga. As sementes danlle unha boa textura e, penso, non é tan agresiva como a normal.
Tamén é a primeira vez que fago un sofrito co tomate seco. Podo dicirvos que me sorprendeu.
- Nunha tixola facemos un roux. Poñemos unha cullerada de aceite e, cando empece a tomar calor, a de fariña. Remexemos un minuto para que a fariña se faga e non saiba a cru.
- Engadimos a leite, que teremos tibia, non toda de golpe e imos espesando. Engadimos a mostaza e reservamos.
- Picamos a ceboleta, o dente de allo e poñemos a pochar dous ou tres minutos. Engadimos os tomates secos picados e as abelás rotas. Deixamos facer o conxunto a lume brando. Retiramos da tixola e reservamos.
- Na mesma tixola, de facer o sofrito, facemos as supremas de pescada, poñéndoa primeiro pola parte de pel. Deixamos que se faga dous ou tres minutos. Damos a volta e deixamos un par de minutos. O tempo de cocción da pescada vai a ir en función de como vos guste de pasada. Tede en conta que a pescada tende a secarse pronto.
- No prato de servizo poñemos un fondo do prebe de mostaza, por riba a suprema de pescada e o sofrito de tomate seco.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito