Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)
Web Autor: https://oliveiravarela.blogspot.com/Ver receta original: aquí.
Receta de Tartar de salmón con aguachile verde
Despois de un longo tempo de descanso, retomamos a actividade do blog.
Receita moi fresca con aires mexicanos.
- 220 grs de salmón
- 1/2 cebola morada
- 1/2 pemento verde italiano
- 1/2 cogombro
- 1/2 chile verde
- 3 limas
- Coandro
- Pementa negra
- Auga
- Sal
Como dicía, volto ó blog e veño cunha receita mexicana. Ou polo menos vouno a intentar, vos diredes.
Como prevención, débese conxelar o salmón. Ó menos 48 horas.
Como ben di o título da receita, leva chile, ollo co picante que queredes na receita.
- Retiramos a pel e as espiñas do salmón e, como diciamos, conxelamos.
- Cortamos o salmón en dados pequenos e poñemos nun bol. Salpimentamos e engadimos o zume de dúas limas. Deixamos que macere uns minutos.
- Cortamos a cebola en plumas finas e un anaco de cogombro (ó gusto) en dados. Engadimos ó salmón, remexemos e reservamos.
- Preparamos a agua chile, poñendo no vaso do batedor, o medio pemento cortado en anacos, outro anaco de cogombro, chile (na medida que vexades) e un bo golpe de coandro. Engadimos o zume da outra lima, sal e un golpiño de auga. Batemos ben.
- Presentamos poñendo no centro do prato un par de culleradas e regamos ca aguachile verde.
Bocado moi fresco pero tendo coidado co picante e con aquelas persoas, que non aceptan ben os ácidos.
Teño que recordar que o líquido da maceración, queda cun sabor espectacular.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito