Androlla con patacas e repolo en Crock Pot

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Androlla con patacas e repolo en Crock Pot

Ir á receita en castelán

Como sabedes estou facendo algunhas preparacións ca pota de cocción lenta. O resultado ca androlla foi sensacional.

  • 2 androllas 
  • 3 patacas grandes 
  • 1 repolo de corazón 
  • 1 anaco de touciño 
  • Sal
 A androlla é un produto mais que sae da carne de porco. Para a súa confección úsase carne magra de porco, peles do porco e anacos de costela con oso, pementón doce e picante e todo elo embutido na tripa gorda. Cúrase e afúmase.
Este produto parente do botelo e do botillo, ten una forte presencia nas festa do Entroido, sobre todo polas zonas de Viana do Bolo e O Barco de Valdeorras na provincia de Ourense.
É moi importante que a androlla non revente ou se abra durante a cocción, por eso a súa preparación na olla de cocción lenta é perfecta.
Se a facedes de xeito tradicional, podedes cocela arrancando de auga fría e cando ferva baixar o lume e deixar que se faga lentamente. Outra maneira é cocela envolta nunha bolsa de plástico e un pano de algodón.
  1. Lavamos as follas do repolo e damos un escaldado lixeiro. O motivo é para que ocupe menos espazo na olla.
  2. Poñemos na olla as patacas no fondo, o repolo as androllas e o anaco de touciño.
  3. Cubrimos de auga e deixamos que se faga oito horas en baixa.
Se non coñecedes o produto, sería bo que tratárades de conseguilo e levalo a vosa mesa. Se vos sobrase (que dubido) podedes desmigala e facer un rico arroz. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es

 
Androlla
Patacas
Repolo