Ensalada de brotes vinagreta e xoubas en conserva

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Ensalada de brotes vinagreta e xoubas en conserva

Ir á receita en castelán
Estamos de novo por aquí, con unha receita das nosas estupendas conservas.
Chega a primavera e con ela días de sol, nos que vai a apetecer un prato fresco e cheo de sabor.

  • Xoubas en aceite de oliva
  • Brotes de ensalada
  • Cebola morada
  • Tomate kumato
  • Pemento verde
  • Pemento roxo
  • Ceboliño
  • Vinagre
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal
Insisto, novamente, que as conservas dan moito xogo nas nosas mesas e estas fantásticas conservas galegas han de darnos moitas satisfacions. E a maioria das veces sen prender o lume.
Na receita usei tomate kumato, pero pode ser o que mais vos guste. A min gústame o sabor de esta clase de tomate.
  1. Picamos finamente todas as verduras.
  2. Preparamos unha mestura de aceite e vinagre nunha proporción de tres a un (a que eu fago sempre), ousexa por cada tres culleradas de aceite unha de vinagre. Batemos para emulsionar e botamos sobre as verduras.
  3. Deixamos que repouse a vinagreta ó menos dúas horas.
  4. Poñemos, no prato un fondo de brotes de ensalada e salgamos. Por riba a vinagreta e rematamos cas xoubas. Regamos por riba co aceite da conserva.
Como vedes rápida e que se pode deixar preparada ata o momento do servizo. Ides a desfrutar de unha saborosa e fresca ensalada.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Cebola morada
Pemento roxo
Pemento Verde
Tomate Kumato
Xoubas en conserva