Bacallau con sanfaina

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bacallau con sanfaina

Ir á receita en castelán
Volvemos, de novo, cunha receita de bacallau.
Unha receita que saquei do libro "La comida de la familia Ferran Adriá" 
Un libro con menús moi ben estruturados e con receitas alcanzabels para cocinillas.

  • 400 grs de bacallau desalgado
  • 150 grs de pemento vermello
  • 150 grs de pemento verde
  • 360 grs de berenxena
  • 300 grs de cabaciña
  • 300 grs de tomates maduros
  • 210 grs de cebola
  • 2 dentes de allo
  • 5 culleradas de aceite de oliva
  • 500 ml de aceite de xirasol
  • Sal e pementa negra
A sanfaina é un prato típico da cociña mediterránea, sendo a cabaciña e a berenxena os elementos principais.
Do outro compoñente do prato, o bacallau, pouco nos queda que non contáramos. penso que ligan perfectamente.
  1. Picamos o allo. Tamén picamos a cebola e os dous pementos en pequenos cadrados.
  2. Pelamos a berenxena. Picamos a cabaciña e a berenxena en similar tamaño que os pementos e a cebola.
  3. Relamos o tomate.
  4. Fritimos no aceite de xirasol, a berenxena e a cabaciña ata que tomen algo de cor, Escoamos e reservamos en papel absorbente.
  5. Comenzamos a sofritir a cebola e o allo, engadimos os pementos e deixamos facer o conxunto.
  6. Engadimos a berenxena e a cabaciña reservadas e o tomate relado. Deixamos cocer a lume brando unha hora. Salpimentamos e podemos engadir un pouco de auga, se fose necesario, para que quede melosa.
  7. Mentres se fai a sanfaina, esmigallamos o bacallau.
  8. Incorporamos o bacallau á sanfaina e deixamos facer un par de minutos.
Xa temos listo o nos prato. Podémolo degustar directamente en prato, ou tamén nunhas tostas.
De calquera dos xeitos vai a estar moi bo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es



  
  
Bacallau
Berenxena
Cabaciña
Pemento roxo
Pemento Verde